martes, 11 de junio de 2013

Un pintor de emocións

Queremos pechar o ciclo deste ano achegándonos a Shaun Tann un pintor de emocións nacido en Australia que escribe e ilustra historias dende a súa adolescencia.
Queremos rematar con este álbum ilustrado El árbol rojo, un álbum poético e esperanzador, no que Shaun Tan nos describe o día a día dunha xoven, retratando un mundo de soños no que o fantástico se transforma en realidade, unha viaxe dende a desesperación á esperanza.

 Este álbum ilustrado gañou, entre outros, o premio Patricia Wrightson en los NSW Premier’s Book Awards e o premio «le Prix Octogones 2003» del Centre International d’Études en Litterature de Jeunesse despois de ser traducido ao francés. Foi publicado en chino, coreano, xaponés e en español. Aquí tedes a versión e en español e en inglés.

El árbol rojo fala da ausencia de esperanza e de ilusión ao inicio dun novo día, da oscuridade que o inunda todo, dos problemas que chegan de golpe ...  Fala do descoñecido, do inquietante, do sinsentido que se apodera de nós ... Pero, de repente, cando non tes ningún indicio de esperanza, de novo, se instala a ilusión: a túa árbore vermella.

Oxalá que cando creas que o día vai rematar igual que comezou, descubras diante de ti, chea de cor e de vida, esperándote, tal como o imaxinaches, a túa árbore vermella.

0 comentarios: