miércoles, 12 de junio de 2013

A última foto ...


Esta si que é a última foto... É moi especial. Transmite vitalidade, ledicia e entusiasmo. Reflicte o espírito do noso club. E contaxia a nosa felicidade.
Hoxe pechamos unha etapa no Librako. Foi un día nostálxico porque despedimos aos compañeiros que se van do centro. Quixemos facerlle unha pequena homenaxe recordando os mellores momentos que vivimos xuntos durante estes anos. E foi unha sesión diferente, desas que son difíciles de esquecer. Coma sempre, isto foi posible grazas a VÓS.


0 comentarios: