jueves, 2 de mayo de 2013

Novo destino: a illa de San Simón

Levamos xa catro anos enrolados nesta aventura literaria e temos a mesma ilusión do primeiro día. Intentamos que cada sesión sexa diferente; cada un aporta o seu gran de entusiasmo, de ledicia e de lectura. Pero hai un día que esperamos con ansiedade: a viaxe. Todos os anos facemos unha ruta literaria: Gondomar, Oporto, Celanova e a ILLA DE SAN SIMÓN, o noso último destino.



Quixemos aproveitar o día ao máximo. Por iso, decidimos comezar no porto de Vigo. Visitamos o Antigo Hotel Universal onde se aloxaban os alemáns na novela Os fillos do mar de Pedro Feijoo. Coñecemos a Julio Verne. Lemos un fragmento de Vinte mil leguas en viaxe submarino onde fala da batalla de Rande. E descubrimos o poema de Mª do Carmo Kruckenberg. Xa estabamos preparados para comezar a viaxe...
Cando chegamos á illa o tempo paralizouse. Mergullámonos na súa historia e na súa paisaxe. Paseamos e percorrimos cada recuncho. E revivimos da man de Sara algúns dos fragmentos de Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz. Aquí tedes un resumo...

10 comentarios:

Ainhoa Álvarez dijo...

Da gusto compartir momentos con xente así. Para o ano máis e mellor, aínda que vamos quedar algo orfos, como ben dixo Asun.

Asun dijo...

Que razón tes, Ainhoa! É un gustazo e un privilexio formar parte deste club.

Todos os anos sentimos nostalxia cando temos que despedir aos compañeiros de 4º.

Pero lembrade que sempre nos queda este recuncho na rede. Moitos dos que se foron asómanse ás veces ao Librako para ver que está a pasar.

Este curso aínda nos quedan bos momentos por compartir...

Sofía dijo...

Que ben quedou o vídeo....Pero que pena que sexa a última das excursións do club de lectura na que eu e os meus compañeiros de 4º poidamos asistir ... :(
Eu quería repetir esas tardes tan boas que se pasan con todos vós, espero que haxa unha última reunión.

O Librako dijo...

Haberá unha última sesión...

Nerea dijo...

O vídeo está perfecto. Encantoume a excursión. Ás veces arrepíntome de non levar máis anos con vós. Este ano será inolvidable. Espero que nunca olvidedes a todos os que nos vamos, espero que haxa unha última reunión, unha reunión de despedia, unha reunión para a memoria...

Pedro Feijoo dijo...

Pero que envexa tan e tan grande me dades! Por favor, a próxima vez que saiades de paseo pola ría non deixedes de me avisar, que eu tamén quero ir! (e, a cambio, prometo compartir con vós algunha historia sobre estes mares nosos que, de certo, aínda non sabedes...). Un saúdo ben agarimoso!

Pedro Feijoo

Asun dijo...

Aos lectores deste club de lectura encantaríamos compartir con Pedro Feijoo esta travesía e que nos deleitase con historias sobre estes mares.
Podemos organizar outra para o próximo curso, aínda queda moita ría por coñecer. Que vos parece?
Grazas, Pedro, por visitarnos neste recuncho da rede e deixar a túa pegada no Librako.

Dani dijo...

Em...non sei porque aparezo facendo o pulpo detrás de Antiá,ni porque ao final acabo facendo o Titanic.
Só sei que o sonido do mar do fondo,era perfecto para esa escena...
Felicidades pola excursión deste ano,O tambaleo do barco por intentar chegar a illa,e as múltiples enfermidades que pasaron por alí,fixeron dela un destino turístico perfecto.

Anónimo dijo...

JAJA... Que ven saio! A verdade foi un gusto compartir esta fermosa viaxe a illa de San Simón cos meus compañeiros e profesoras e esperemos volver algun día.
Un saúdo.
O Reporteiro.

Eva P dijo...

Creo que cada ano que pasamos no club de lectura é diferente: ves distintos lugares, les distintos libros... e fas distintos lazos. Ao ver este video, con esa música tan acertada... entroume unha tristeza ao pensar que moitos alumnos que, sen decatarte, lles colliches cariño... Pero como cada ano é diferente, e cada curso ten o seu encanto, xa estou pensando na próxima quedada co club... quenes estaremos para o ano? Eu creo que se andamos a promocionar que damos rosca apuntanse mais persoas jaja pero bueno... xa se vera...
Bicos
P.O:non hai nada como viaxar co club de lectura