lunes, 1 de abril de 2013

Cando a letra se mestura coa imaxe

Descubre a novela gráfica de Las lágrimas del asesino... 
«Thierry -explica Anne-Laure Bondoux acerca do traballo de T. Murat- estaba preocupado pola miña opinión, o meu sentimento e o meu criterio, así que me enviou regularmente os seus debuxos durante os quince ou dezaseis meses que durou esta aventura. Cada vez facía un novo descubrimento, era un regalo. Gustábame a súa paleta de cores, o ritmo que dera á historia, a expresividade das caras e das siluetas, os grandes debuxos sepia, as paisaxes perdidas por onde se desprazaban os ceos cambiantes. Tamén, o traballo que realizou sobre o texto, roubándome algunhas palabras para intercalalas coas súas. O equilibrio pareceume preciso: oía a miña voz, pero convertérase na súa, e a historia crecera, enriquecérase».

0 comentarios: