sábado, 2 de febrero de 2013

Un paseo pola cidade de Simón e Mariña
















Da man de Simón e de Mariña fixemos un percorrido polas rúas da cidade de Vigo. Comezamos no Sireno, o bar Simón Varela frecuentaba. Achegámonos ao edificio onde vive o protagonista. Pasamos polo restaurante ao que acudía León. Visitamos o antigo Hotel Universal, onde se hospedaban os alemáns. Dende a Alameda divisamos a casa do anticuario Neumann. Quedamos impresionados polo edificio onde vive Mariña. Descansamos no Café Goya. Démonos un baño nas praias de Canido. E "transformamos o medo en aventura" no Burato do inferno. Unha intensa viaxe literaria que nos trasladou no tempo, que espertou en nós a intriga e que non nos deixou indiferentes.

1 comentarios:

O Librako dijo...

Parabéns por este cartel! Grazas por esta viaxe! A ver se alguén máis se apunta a facer este percorrido.