viernes, 15 de febrero de 2013

Que é para nós o Club de lectura?



"Fai catro anos nos iamos a outras bibliotecas para coñecer como eran. E agora somos nós os que contamos a nosa experiencia". Di Aarón todo orgulloso, facendo referencia a primeira saída que fixo este club de lectura. Foi a Gondomar onde Concha nos brindou a oportunidade de coñecer unha biblioteca escolar por dentro.
Convidárononos a expoñer a experiencia do noso club a profesores doutros centros. Os verdadeiros portagonistas tamén estarán presentes porque son os que mellor saben como funciona e sen eles esta aventura non sería posible. Un pedaciño do Librako estará alí!

13 comentarios:

Andrea C dijo...

Seguro que con isto Asun arrasa! xD

P.D: SOBORNANDO!!

O Librako dijo...

Coma sempre grazas ao cámara! Que imos facer sen ti o ano que vén?

Parabéns aos artistas! Que ben o facedes e que guapos saídes!

Para cando a proxima?

LOLI DIRE dijo...

Que chulada! Que ben falades todos-as! e que modernizados estades que se vos pode seguir nas redes sociais...Parabéns polo voso traballo.

Ainhoa Álvarez. dijo...

Algúns quedarán marabillados vendo este vídeo. Sorte Asun!

Asun dijo...

Que mellor carta de presentación que esta?
É facilísimo vender este produto porque a materia prima (o voso traballo, o voso entusiasmo...) é moi boa!
Ademais de ser uns artistas demostrades que cando un vos necesita sempre estades aí!

Aarón dijo...

Parece que o noso Librako volve a ter vida grazas a todos os que comentades e o visitandes. A verdade é que xa fai catro anos dende esa primeira xuntanza, catro anos xa! Que rápido pasa o tempo, se parece que foi onte cando lemos "Los Juegos del Hambre"...
A verdade é que estes catro anos que levo no Club de Lectura foron moi gratificantes, pois ceñecín xente e fixen novas amizades, e como ben di Nerea no vídeo, con actividades como esta podes coñecer mellor os profesores, miralos nun ambiente máis familiar e poder tratalos coma outro compañeiro máis, e non solo miralos coma esas persoas que se sentan nunha cadeira durante 50 minutos intentando aprendernos algo útil, que co seu esforzo terminamos aprendendo.

Eu sinceramente recoméndolle a calquera persoa que se apunte a un Club de Lectura; pois é unha experiencia moi bonita e gardarás bos recordos que te acompañarán sempre. O marchares do colexio, actividades coma estas son as que máis tempo recordarás porque son momentos realmente únicos, porque un Club de Lectura non é solamente ler, son moitas máis cousas que non se poden explicar nin entender se non se experimentan, por iso animo a todo o mundo a apuntarse.

15/2/13

Julio Lagos dijo...

Moi bo video! Quedou moi moi ben, hai que facer máis gravacións, son divertidas e danlle unha vidilla ao blog.... SOBORNAAAANDOO!!! (:

Sonia dijo...

Despois das vosas palabras parece que non queda moito máis que dicir. O mellor é que, presentes ou virtualmente, sempre nos deixades cun sorriso. Considérome afortunada por poder compartir eses momentos con vós e comprobar que hai lugar para a esperanza e a alegría. Grazas

Irene Cerqueira dijo...

Si señor... La verdad es que ya hacía tiempo que no entraba al blog y la sopresa es muy grata. Me gusta saber que todo va bien y que incluso va mucho mejor. El video está genial, enhorabuena a todos! Es un claro reflejo de este club de lectura que hace unos años comenzó su hazaña y está marcando una etapa muy importante para todos.

Seguid pasandolo así de bien y espero hacer una visita pronto...

Un saludo! Irene Cerqueira

jennings dijo...

Bueno comentan todos, no voy a ser menos, repito que esta experencia esta siendo espectacular y doy gracias por las personas que ayudan a que lo sea. Estoy de acuerdo con Aarón de principio a fin y el ya lleva cuatro años y sólo tiene adjetivos positivos para esta actividad, esperando con ganas la siguiente reunión!!

Asun dijo...

Parece que nos hemos contagiado las ganas de comentar.
Gracias por vuestras palabras y cariño.
Y gracias por este vídeo. Ayer me sentí muy arropado porque un pedacito del Librako estaba conmigo.

Eva P dijo...

Eu cando vin a este colexio en 1º da ESO unha das cousas que máis me chamou a atención foi o club de lectura. Tiven a sorte de atopar amigos que me animaran a apuntarme... e non me arrepinto! Esta actividade non a hai en moitos centros, e hai que aproveitar. Ademais. gústame moito o familiares que son todos, tanto os alumnos coma os profesores, que deixan atrás todas as súas diferenzas e se unen para compartir (ademais de biscoitos e roscas) o seu tempo e a sua afición polos libros. Estou moi contenta de ser partícipe dalgúns destes encontros.

Asun dijo...

Cantas palabras cheas de agarimo que debuxan un sorriso cando se len!
Cantos efectos positivos producen en nós os libros, porque grazas a eles compartimos estes momentos e grazas a vós este club funciona ano tras ano.