martes, 18 de diciembre de 2012

A nosa primeira lectura

Xa rematamos a nosa primeira lectura! E tivemos a segunda reunión na que compartimos as nosas impresións sobre novela Chamádeme Simbad de Fernando Castro. Unha historia que nos conmoveu a pequenos e maiores porque nos achega a realidade da man de Paulo e o seu avó, enfermo de alzhéimer.

Un pai que non se separa do teléfono móbil, unha nai que se ve superada pola situación da casa, e a valentía dun neno movido polo cariño ao seu avó; estes son os personaxes que nos acompañaron durante toda a lectura.

Gustounos moito! Pero o que máis nos chamou a atención, tanto aos nenos e nenas coma as nais e pais, foi que un rapaz de tan pouca idade fose tan decidido e marchase so, pola cidade adiante, en busca do seu avó. Agora estamos desexando coñecer o seguinte libro!

0 comentarios: