martes, 27 de noviembre de 2012

Unha lectura que deixa pegadas

Unha emocionante novela sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia. Así se presenta o libro Noite de voraces sombras. Pero unha boa lectura é algo máis que un bo argumento; deixa pegadas nos lectores; deixa recordos e abre portas a novas obras que están agardando por nós. Con pequenas pinceladas Agustín Fernández Paz agasállanos coas voces de outros moitos literatos de todos os tempos e nacionalidades. Porque este é o segredo da boa literatura.




De ti no quedan más 
que estos versos rotos.
Que alguien los recoja con amor, te deseo,
los tenga junto a sí y no los deje
totalmente morir en esta noche
de voraces sombras, donde tú ya indefenso
todavía palpitas.

Jose Ángel Valente, Fragmentos de un libro futuro




O Librako propón aos seus lectores rescatar estas palabras. Busca aqueles versos que te chamaron a atención e esas citas que non te deixaron indiferente; escríbeas nun comentario e compárteas con outros lectores de Noite de voraces sombras.

2 comentarios:

Asun dijo...

"Cando somos nenos, tendemos a crer que o mundo empezou co noso nacemento, e que os nosos pais e a outra xente, estaban aí, invisibles, agardando a nosa chegada ao mundo para botar a andar na roda da vida."

Ainhoa Álvarez. dijo...

"Prefiro ser, antes que un planeta adurmiñado e estable, un espléndido meteoro con todos os meus átomos brillando cun magnífico fulgor".