miércoles, 17 de octubre de 2012

Tarde de reencontros

Sempre é un pracer asistir a unha sesión do club de lectura. Volverse a atopar cos amigos. Compartir o xantar e a sobremesa. Conversar de historias e de libros. Ler e reler. Recomendar as lecturas preferidas.

Sempre é un pracer pasar a tarde con vós; os que anos tras anos acudides á chamada do Librako, os que non queredes marchar do centro sen probalo.

Xa levamos catro anos nesta andaina orgullosos de seguir o camiño que nos ofrecen os libros e de vivir as aventuras que se desprenden deles. Grazas por comezar esta nova viaxe e moito ánimo para esta travesía!





















Foi a nosa primeira xuntanza deste curso. A emoción e a intriga fixeron que fora especial; pero poucos saben que foi diferente. Queredes saber por que?

8 comentarios:

Andrea e Noa de 1º A dijo...

Nós alegrámonos de apuntarnos. Foi unha tarde moi divertida queremos que siga sendo así de divertidas todas as tardes do club a a o final

Ainhoa Álvarez e Paula Otero dijo...

Nós xa estamos esperando á seguinte reunión para saber o libro que vamos ler.
Por certo, o noso cartel está en proceso. Cando temos que entregalo?

Sofía de 4º A dijo...

Menuda tarde pasamos....foi xenial.
A ver se para a seguinte reunión sexamos algúns máis.
Ata a próxima!!! :D

Coral dijo...

Si estivo moi ben se non fose por unha ausencia imperdoable... a tarta de queixo de Asun!!! (agora en serio, os teus biscoitos tamén están boísimos)
Ata a próxima reunión, que de seguro non se fará esperar demasiado!!

Asun dijo...

Moitas grazas, Coral. A ver se na próxima non hai ausencias...
Encantada de compartir con vós esta etapa do club de lectura.

elena (sociais) dijo...

Moita sorte e diversión neste percorrido donde cada estación ten o título dun libro.
O meu recoñecemento ás profes que fan posible esta actividade e despertan a paixón pola lectura dos nosos alumnos e alumnas.

Andrea Sociais dijo...

Alégrame moito que os de 1º de ESO o pasárades ben na primeira reunión,as profes tamén estamos moi contentas con vós e pasámolo xenial!
O meu cartel está en construción pero queda fóra de concurso, as artes plásticas non son o meu!

Ainoa 1º A dijo...

Alégrome de esta tarde por que foi divertidísima.
Espero que no fora a última. O meu cartel esta a punto de acabarse.