miércoles, 13 de junio de 2012

Un último adeus...

Esta é unha pequena homenaxe a todos os nosos compañeiros que se van do centro. Durante estes anos formáchedes parte desta familia lectora que acolle o Librako e agora chegou o momento de decirvos adeus. Grazas por compartir con nós esta aventura! Grazas polas vosas achegas, os vosos sorrisos, as vosas palabras, a vosa ilusión... Aquí tedes aos protagonistas desta entrada...



Xa estamos despedindo a segunda xeración do club de lectura e as sensacións son contradictorias. Por unha banda, parece que nos quedamos un pouco máis orfos. Pero... por outra semella que esta familia está a crecer; e que os lectores da nosa quinta se van espallando... Cada vez somos máis no Librako!

2 comentarios:

Asun dijo...

Chegadas estas datas sempre nos invade un pouco a tristura porque un pedaciño de nós marcha. Pero é lei de vida, como dicen os nosos maiores; tedes que comezar outro camiño.
Lembrade que neste recuncho da rede nos podedes atopar e que a nosa Quinta esta aberta para vós.
Moita sorte!

Ainhoa Álvarez dijo...

Aínda que eu só estiven con eles en Celanova e mais nas reunións nas que estabamos ambos ciclos, penso que sempre serán unha peza esencial do Librako. Tanto os que se van, como os que quedan.