domingo, 10 de junio de 2012

E así foi o día

O xoves foi un día especial para todos os integrantes do club de lectura... Celanova agardábanos con notas históricas pegadas ás pedras do seu mosteiro, con letras que se mesturan coa súa vida cotidiana, con palabras dos seus poetas que se deixan ouvir polas súas rúas, co balbordo da praza nos día de mercado... Celanova acolleunos e nós gozamos coa poesía, coa súa historia e coa súa xente.


E foi un día especial grazas a vós, aos protagonistas deste club; os que dedicades as vosas horas de lecer a ler e compartir as lecturas.

8 comentarios:

O Librako dijo...

Dende o Librako queremos dar as grazas as persoas que nos axudaron a coñecer mellor esta vila.

LOLI DIRE dijo...

Celanova é unha terra especial,eu teño amigos moi cercanos alí e vou moitas veces...aledome moito de que os nosos-as chicos-as do club de lectura tiveran a oportunidade de coñecer tanta fermosura.
Agora que remata o curso quero dar as grazas ao profesorado que adica horas e horas do seu tempo para que os alumnos do Rosal sexan máis felices e vivan experiencias novas...sodes unha pasada profes!
Grazas por todo.

Ainhoa Álvarez dijo...

Eu sen dúbida algunha repetiría. Espero con ansia o próximo curso, as reunións do clube de lectura son xeniais.
Para o ano algúns marchan e outros quedan, pero sempre nos quedará o Librako.

Sofía dijo...

Foi un día xenial....tiñamos que ter máis días coma ese.
Que pena que o club de lectura remate aquí.

O Librako dijo...

Grazas, Loli! As profesoras que participamos nesta aventura estamos encantadas con este club e cos seus integrantes!

Asun dijo...

Pasámolo ben! Gozamos do día, das lecturas, do xogo, do xantar e da boa compañía. Coma sempre... un pracer compartir con vós esta ruta literaria.

Anabel dijo...

Paseino moi ben, hai que repetir,tiñamos que facer máis excursións.

Paula (Encargada da Casa dos Poetas) dijo...

Estivemos encantados de pasar o día convosco, fostes un grupo estupendo.
Saúdos desde Celanova.
Paula (Encargada da Casa dos Poetas)