jueves, 24 de mayo de 2012

Última reunión do club

Este é o resumo dos mellores momentos que vivimos esta tarde. Destas fotos despréndese a ilusión, a amizade, os soños, os desexos... Gozamos co xantar, ca lectura, cos xogos e coa boa compañía. Grazas a todos por este día e por todos os momentos que pasamos xuntos durante este ano!



Queremos rematar a aventura deste ano cunha nova saída literaria. Este será o noso broche final, a última etapa deste camiño. Algúns seguiremos o curso que vén esta andaina; outros comezaredes unha nova fóra do centro. 
Foi un pracer compartir con vós este club; lembrade que sempre nos quedará o Librako. Pero antes das despedidas imos aproveitar o momento e gozar do tempo que nos queda xuntos. O día sete vémonos... Onde o mundo se chama Celanova.

4 comentarios:

Asun dijo...

Cando penso nos bos momentos que vivo no centro cada ano, as imaxes que veñen rapidamente á miña memoria son as sesións do club de lectura. Creo que é un privilexio formar parte dun grupo coma este porque non só compartimos libros.

O ano pasado marchou a primeira xeración. Botámolos moito de menos... E agora xa estamos a punto de despedir aos seguintes... Sara, Aurelio, Adán, Elena, Noelia, non vai ser o mesmo sen vós!

Quería facer unha mención especial a Fany. O venres deuse de baixa no centro pero quixo estar o xoves na última reunión do club, non a quería perder. Grazas por estar con nós o teu último día no cole!

E aos que quedades... vémonos o ano que vén, con novos libros, novas aventuras, novos integrantes, novas sorpresas... e nova tarta?

Ainhoa Álvarez dijo...

Coma todas as reunións, eu paseino moi ben. Vémonos todos xuntos outra vez en Celanova.

Sofía dijo...

Foi un día xenial.
Que pena que para o ano non estén connosco os de 4º...botaráselles moito de menos.

Espero entusiasmada a saída a Celanova.

Sandra "papiroflex." dijo...

¡Vaya! Que rápido ha pasado el curso, una pena que este año no haya podido ir más porque la verdad es que tenéis un club estupendo y yo me lo paso muy bien cuando he asisto. Yo, que he estado en muchos centros, no he visto ninguno igual. Por eso quiero dar la enhorabuena a todos sus integrantes, profes y alumnos, por esta gran familia que habeis formado. Felicidades y buena suerte a los que se van.