lunes, 23 de abril de 2012

Compartimos un día emocionante


O sábado fomos a Gondomar a compartir o día co club Lendo Contigo, que ten Espazo Lectura. A primeira sorpresa, foi que había un montón de familias coma nós que desde o primeiro momento fixéronos sentir en casa.
Comezamos falando do libro Carta urxente para Máximo Toxo e coñecendo a seu autor, Diego Rey, quen asinou un exemplar para a nosa biblioteca.
Sabela e Vero participaron con outros rapaces de Gondomar nun tráiler que se fixo de presentación da obra de teatro. Estiveron as dúas xeniais!

Despois de comer e xogar xuntos, fomos ao Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, a ver a obra a cargo de TALÍA TEATRO.

 
A obra foi moi divertida e rimos un montón. Queremos dar as Grazas ao Concello de Gondomar e a Espazo Lectura polas invitacións.
Rematamos, no escenario con todos aqueles que para nós foron os auténticos protagonistas deste día, xunto co pracer de gozar dunha lectura.
Grazas de novo a Espazo Lectura e as familias de Lecturas Compartidas pola súa participación e ilusión.

1 comentarios:

Concha dijo...

Desde Espazo Lectura queremos agradecer tamén a vosa visita. Foi unha experiencia moi chula coñecernos, compartir a sesión coas familias do voso club de lectura e sentirnos tan próximos. Grazas e bicos lectores desde Gondomar.