sábado, 17 de diciembre de 2011

Última parada

O martes teremos a nosa última sesión do club do ano. Estamos a piques de chegar ao noso destino... E alí agárdanos alguén moi especial...


Vai ser unha tarde diferente: unha tarde de lecturas, de historias, de viaxes, de sentimentos, de ilusións... E non estaremos sos, Sara e Carmen serán a nosas guías polas rúas de Manhattan. 


Queres compartir con nós este momento?

3 comentarios:

Asun dijo...

Eu si. Xa me apunto de primeira! Non vos esquezades de traer a comida, o libro, a ilusión, as ganas de traballar e de pasalo ben... É dicir, todos os ingredientes dunha boa sesión do club.

Bea Sousa dijo...

E que día será ese?
Agora os que "estamos a distancia" xa rematamos os exames, e poida que podamos asistir :)

O Librako dijo...

O martes, día 20!