lunes, 21 de noviembre de 2011

A profesora Ripaldi xa está nas nosas vidas

O mércores pasado un pouquiño nerviosos tivemos o noso esperado encontro. Case non faltou ninguén e tivemos tempo para todo coñecernos, ler...e revisar con atención a nosa guía de lectura do libro.


Facer tinta invisible para gardar segredos.


O noso de hoxe: Cal é o mellor invento que usas a cotío? Quedou tempo para facer a merenda xuntos, unha rica ensalada de froitas con iogurt...todo un éxito.

Coa degustación, chegou o momento de expresar opinións e facer unha pequena valoración do compartido. Todos os comentarios deixáronnos unha moi boa sensación e ganas de vérmonos pronto.  Estade atentos a nova entrada desta semana e boa lectura.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola son Carmen, gustóume moito o libro. Xa deseñei a miña cadeira vermella, é perfecta.
A ensalada de froitas estaba moi boa, e encantóume a tinta invisible.
Saúdos e ata a próxima.

Mónica dijo...

Ola Carmen, moitas grazas polo teu comentario.
A mín, o libro tamén me parece divertido. Imaxino que no próximo encontro teremos moitas cadeiras vermellas e espero algún que outro invento.
Un saúdo. Mónica

Anónimo dijo...

Ola son Sabela, a min tamen me gustou o libro, agora estou traballando na cadeira vermella, espero que vos guste.Ata mércores.