domingo, 3 de julio de 2011

Un pequeno agasallo

Na vida sempre hai momentos, historias, libros que queremos mostrarlles aos demais, porque nos sentimos egoístas se non o facemos. Levamos máis dun ano compartindo as nosas lecturas nas clases, no club, nos corredores e neste recuncho da rede. Hoxe o Librako quere agasallarte con pequenos tesouros que podes ir atopando ao longo da túa aventura lectora e que non debes deixar escapar. Xa temos algo máis en común e unha nova escusa para pasar por aquí!


Descubriches o mundo poético do escritor e ilustrador taiwanés Jimmy Liao? Os seus libros son conmovedores, románticos, onníricos.... Deíxate contaxiar pola pasión, polos soños, pola nostalxia e entra no mundo da imaxinación da man da protagonista de La noche estrellada. É unha historia sobre a soidade e a incomprensión, onde o mundo da fantasía é o refuxio para poder sobrevivir nun ambiente que non se pode comprender; e o mellor é que sempre podes atopar con quen compartilo...



E para facer boca, aquí tes esta curtametraxe de animación baseado nun conto de Jimmy Liao "A Fish that Smiled at Me", que gañou un premio especial no festival e Berlín de 2006. É a conmovedora historia dun home solitario que encontra compañía e consolo no seu pez mascota e a través do sono comprende o valor da liberdade. 

5 comentarios:

Bea Sousa dijo...

Está xenial este novo apartado, esperemos que teña moita vida ;)
A curtrametraxe está moi ben.

Asun dijo...

Que teña vida depende de vós! Ademais das lecturas do club hai moitos outros libros que tamén compartimos e compartiremos.

Sonia dijo...

Qué alegría encontrar una nueva entrada! Y aún más cuando se nos recomienda descubrir a Jimmy Liao. Toda su obra es muy especial y es un autor a quien admiro muchísimo.
Altamente recomendable! Un auténtico tesoro a nuestro alcance: os espera en la biblioteca
(sobre todo cuando yo devuelva los dos que tengo en casa de él...)

Sonia dijo...

Son eu outra vez, pero é que acabo de ver a curtametraxe. Por sorte quedei sen palabras... Grazas.

Sara dijo...

Jimmy Liao e os seus libros me encantan, son tan profundos!