martes, 19 de julio de 2011

Sen recordos...

Imaxínate que un día perdes os recordos, cada un dos bos e dos malos momentos que viviches antes de chegar ata aquí... Imaxínate que un día non sabes quen eres nin quen son os que están ao teu lado.... Imaxínate que un día perdes a memoria... E agora imaxínate contar a ausencia de recordos con palabras e imaxes...


É o que fixo maxistralmente Paco Roca en Arrugas, unha historia que nos achega unha terrible realidade que nos acecha a todos. Emilio acompañado de Antonia, Doña Sol, Miguel... paséanos con cariño polas páxinas desta novela gráfica que nos fai reflexionar sobre a pérdida da memoria, sobre os achaques da vellez e o paso do tempo do que non podemos escapar. Gañou o Premio Nacional do Cómic en 2008 e deu o salto a gran pantalla convertido en película de animación.


Unha lectura indispensable para os amantes das historias que non te deixan indiferentes, que axitan as entrañas e zarandean o corazón... Es ti un deles?

5 comentarios:

Sabela Pena dijo...

Aínda que o cómic non é o meu estilo, este ten moi boa pinta ! :)

Asun Carballo dijo...

Sabela,tes que lelo, non te vas arrepentir. É unha historia triste pero que está contada con moito cariño e tenrura. A mín encantoume. Teño que confesar que me emocionei, e na última páxina caéume unha bágoa.

Irene dijo...

Yo también decía lo mismo que Sabela, pero poco a poco los cómics me gustan más, y tuve la oportunidad de leer Arrugas y me encantó. Es un cómic que no te deja indiferente y que por desgracia es una realidad.

!Un abrazo para todos¡

Asun dijo...

Las buenas historias bien contadas te atrapan y te cambian un poco. Esa magia literaria te envuelve al leer Arrugas.

Tienes razón Irene, no te deja indiferente porque refleja una realidad para muchos muy cercana.

Un saludo.

Miguel Abraira dijo...

Que gran elección!
Cando lin este cómic gustoume tanto, que decidín adoptar ao seu autor, lendo todo o que publicara. Gústanme os seus debuxos, e como conta as historias.
Así que, aos que xa pasásteis por "Arrugas", recoméndovos agora "EL FARO": un home que cae ao mar escapando de alguén, un fareiro que o recolle na praia, un faro que non funciona, e a promesa dunha extraña illa coa que soñar; pero sobre todo, o valor da amistade... En definitiva, un auténtico librako. Bo proveito!