viernes, 13 de mayo de 2011

O Rosal e as mil grúas de papel

Esta é a película do noso taller de grúas. A historia dunha tarde cargada de emocións. Coma sempre tivemos comida con sobremesa. Desta vez tamén houbo novidades. Os alumnos do club de lectura de 1º e 2º descubríronnos a historia de Sadako e convidáronnos a participar nun gran reto: construír mil grúas de papel. Para elo contamos cunha experta, Sandra, que nos desvelou os misterios da papiroflexia.

 
Grazas Sandra por pola túa paciencia e dedicación.
E tamén grazas a todos os que participaron nesta actividade, por axudarnos a que o noso desexo se poda cumprir.

10 comentarios:

Noelia D. I. 4ºC dijo...

Ola! Paseino xenial nesta reunión!!
Encantoume coñecer a historia de Sadako e animeime a lela.
A "colección" de grúas de papel da biblioteca está crecendo máis e máis.. Eu hoxe baixei sete grúas novas. Haberá que facerlle máis espazo porque xa non sabía onde colocalas!
Un saúdo e agardo pola seguinte sorpresa con moito entusiasmo! :D

Asun dijo...

Onte foi un gran día e hoxe tamén. Parece que contaxiamos a todo o centro. Moita xente pasou esta mañá pola biblioteca para ver as nosas obras de arte. Todos querían aprender a facer grúas.

E os que estivemos onte no taller xa fixemos as nosas aportacións. Pero os que máis traballaron esta mañá foron os alumnos de 3º. Fixeron 100!!! Grazas a Aarón, Ylenia, Kevin, Cristina e Verónica polo seu traballo.

E grazas a todos os que estades poñendo o voso gran de area neste gran reto. Xa falta menos para chegar ás MIL!!!

Sandra "papiroflex." dijo...

Para mi ha sido un placer compartir la tarde con todos vosotros. Cuando querais repetimos. Muchas gracias por acogerme en vuestro gran club de lectura. Enhorabuena a todos por el magnífico trabajo que realizais.

Miguel Abraira dijo...

Como traballades, librakos!!
Menos mal que non estaba eu... Coas miñas "manazas", máis que grúa seguro que saía un "palomo".
Alégrame moito poder vervos e seguirvos, coma sempre.
Un abrazo grande para todos!

Irene dijo...

A verdade é que estivo xenial! Aprendimos un pouco de papiroflexia grazas a Sandra, e espero que non sexa a última vez que se faga un taller coma este, estivo moi ben.

Oxalá alcanzemos as mil grúas de papel, e así poder pedir un desexo!

Dani dijo...

Eu tamén quero aprender a facer grúas de papel
:D
Quen me aprende?

Sandra "papiroflex." dijo...

Contad con unas 35 más, de momento, pero seguro que doblo alguna más. Ya os las haré llegar. :)

Sara Rodríguez dijo...

Ese día gustoume moito! Encantame facer grullas de papel!!

Sonia dijo...

Que ben, Noelia que te animaras a ler o libro!
Iso dálle máis sentido aínda ao que estamos facendo. Non te preocupes polo espazo: Mario, o noso habilidoso conserxe xa ten algunhas ideas en marcha.
Que ledicia contar con tantos e tan bos colaboradores!!!

Sonia dijo...

Moitas grazas, Sandra. Non te imaxinas canto e de que forma medrou o que ti nos ensinaches.

Non te preocupes, Miguel, xa estaba eu representando aos "manazas". Ata tal punto que estou pensando en comprar o silencio dos rapaces que me rodeaban...
Adán, Aurelio,Paulo, Alejandro: grazas por intentar convertir en algo os meus anacos de papel.

¡Atención todos! Algún Daniel do centro necesita
urxentemente alguén que lle ensine.
Non te preocupes,Dani, non faltarán voluntarios.