lunes, 16 de mayo de 2011

Invitación para os máis pequenos do club

Os maiores do club de lectura estamos a ler unha historia que dende o primeiro instante non nos deixa indiferentes. Unha novela sen idade que esperta nun as gañas de gozar da vida e de crer nos soños. En resumo, un Librako que un non se  pode perder.
Por iso queremos compartilo cos nosos compañeiros de 1 º e 2º. Queremos que vós tamén vos mergulledes nesta novela e que coñezades ao carteiro de bonecas.

Kafka e a moneca viaxeira, Jordi Sierra i Fabra
Estades preparados?

1 comentarios:

Sonia dijo...

Como membro do club dos máis pequenos, aínda que non o pareza..., acepto con entusiasmo a vosa invitación.
Adoro esa historia e agradezo a Asun que mo dera a ler hai xa algún tempo. Lembro que as dúas comentamos entón que ese libro debería ser de obrigada lectura para todo o mundo.
Será un pracer compartilo con vós.