sábado, 23 de abril de 2011

A importancia de ler


Os lectores cambiamos con cada libro; non volvemos ser os mesmos. 
Eles fan que a nosa vida sexa diferente.
Hoxe é o seu día e tamén o noso, 
o día dos que nos gusta ler.

2 comentarios:

Sonia dijo...

Eu tamén quixera sumarme a esta pequena homenaxe no día dos que nos regalan máis días, máis tempo, máis vida...
Vou concretar o meu agradecemento a todos eles lembrando os tres últimos que acabo de ler: acompañei a Nora "En busca del azul", viaxei nun circo americano en "Agua para elefantes" e deixeime levar por Paul Auster a "El palacio de la luna".
Aínda que non o pareza, dende entón, non son a mesma.

Asun dijo...

O mellor exemplo de que os libros nos cambian somos NÓS. Despois dun ano compartindo as nosas lecturas, as reunións e este espazo na rede NON SOMOS OS MESMOS.