lunes, 28 de marzo de 2011

Preparados para seguir vivindo grandes emocións?


Unha nova historia está a punto de "invadirnos": o novo libro xa está entre nós, agardando... Pronto estará nas vosas mans, pero antes tedes que descubrilo! 
Poñémonos en marcha para averiguar o título seguindo as pistas!
A primeira é ... unha hora, esta hora...

4 comentarios:

Ainhoa Álvarez dijo...

Estou impaciente por saber cal é o libro que imos ler.

Sonia dijo...

Moi pronto nos reuniremos para recibilo, xusto despois de que algún dos nosos particulares detectives descubran de que libro se trata. As próximas pistas van axudar moito, xa verás!

Ainhoa Álvarez 1ºC dijo...

Creo que é "A última misión. A historia secreta sobre a II Guerra Mundial"
(The last mission. The secret history of world war II's final battle)
Penso que é ese o título porque a Segunda Guerra Mundial rematou cando en Xapón,o 6 de agosto de 1945 caeron 2 bombas atómicas ás 8:15 e unha lenda(non sei se xaponesa) conta que se consegues facer 1000 grúas de papel e pides un desexo,faise realidade.

Poder ser este o título?

Sonia dijo...

Non é ese, Ainhoa, pero estás moi cerca. Vexo que seguiches con interés as pistas que aparecían no taboleiro e só por iso vouche adiantar algo da última que aparecerá mañán. Efectivamente ten que ver co que simbolizan as 1000 grullas de papel que, neste caso, van unidas á historia dunha rapaza xaponesa: unha historia tan sobrecolledora e conmovedora que en Xapón levantaron unha estatua no seu honor. Esa imaxe será a última pista. Ánimo! Case o tes!
Moita sorte!