martes, 22 de marzo de 2011

Os afeccionados detectives seguen a investigar...

Estás inmerso na túa lectura...
Xa descubriches os corpos das dúas mulleres, non sabes aínda quen é o asasino... 
Mais deixa un momento de ler e sorpréndete co que esconde este relato...
Sabes quen son? Que relación teñen co noso libro?

10 comentarios:

Javi dijo...

Se non me trabuco, son Iron Maiden, un grupo de música, e teñen unha canción titulada Murders In The Rue Morgue (Os crimes da rúa Morgue).

O Librako dijo...

Moi ben, Javi!
Alguén escoitou a canción?
Outra pregunta: Ademais do título que outras semellanzas ten co libro?

Bea Sousa dijo...

Eu sí a estiven escoitando na rede, e a verdade non está mal :)
debe de ser que ao ter ese nome fai que me guste, xa que este tipo de música non me soe agradar moito jajaja
eu escoitena en youtube, déixovos aquí un enlace por se alguén a quere buscar :

http://www.youtube.com/watch?v=JQHZ0glSyMQ

Demomento non encontrei ningunha semellanza, pero ando na procura dela.

Bea Sousa dijo...

Por se a alguén lle interesa, aquí está a canción traducia ao español :

http://www.musica.com/letras.asp?letra=888570

Anónimo dijo...

No esperaba que alguien conociese a Iron Maiden, son todos muy jóvenes!!!

Antón dijo...

Os Maiden!!!!! que grandes jajaj, eu escoiteina!!

Asun Carballo dijo...

Benvido Antón! Encántanos que segas en contacto con nós e que o Librako sexa o noso punto de encontro.
Cando te apuntas a unha sesión do club? O martes temos a próxima reunión. Estás convidado!

Miguel Abraira dijo...

Bea: é que os heavys, baixo todo ese pelamen e ese coiro, son moi cultos... Len, ven películas, e cóntanas despois á súa maneira... Verdade, Antón?

Irene dijo...

Eu acabo de escoitala. Os maiden son unha lenda da música heavy, e esta claro que fan boa música, e tamén boas cancións, pero para gustos cores...

Cal é a relación que ten co libro?

O Librako dijo...

Irene, lee la letra en el enlace http://www.musica.com/letras.asp?letra=888570 que envió Bea, no hay duda de la relación con el libro!!!

Elena