Os nosos afeccionados detectives xa atoparon o lugar do crime e están a analizar as pistas que foron dando as testemuñas. Chegou o momento de coñecer de cerca esta historia que está agardando por nós agachada nalgún libro que descansa nun estante da biblioteca.
Sabes que é o primeiro relato detectivesco da historia da literatura? Despois de 200 anos do nacemento do seu autor, a súa vixencia segue presente. Un clásico acompañado nesta ocasión polas impactantes ilustracións de Fino Lorenzo.
Xa sabes que libro é?
Vémonos o venres no recreo no lugar do crime...
Atréveste?
4 comentarios:
Os crimes da rua morgue?? de Edgar Allan Poe? :)
Só se atreve Bea a desvelar o nome do libro?
Estás segura?
Mañá sairemos de dúbidas!
¡Yo también estoy de acuerdo con ella!
Busquei o libro por internet, pero segura de todo non estou!
Ninguén ten outro título diferente?
Publicar un comentario