Hai tres clases de libros: os que non liches nin fai falta que os leas; os que empezaches a ler unha vez por equivocación e non tiveches o valor de abandonar na páxina merecida, e os que les e relés como quen visita o amigo ou a amada. Nalgún lugar deste triángulo ideal habería que situar as excepcións: os que non liches, pero alguén de quen te fías che recomenda que leas. Estes últimos, como os amigos e as amadas, adoitan ser fontes de consolos e tamén de decepcións.
De que clase será o noso novo libro?
Tradución e adaptación de Días de Reyes Magos de Emilio Pascual
2 comentarios:
Pois eu creo que será un libro que lle guste aos profesores jeje.
É verdade o que dí o texto eh..
Eu espero que sea un libro que nos enganche e que guste á maioría da xente, e que non sexa demasiado aburrido.
Espero saber pronto de que libro se trata :)
E por certo, non comento a menudo porque non me deixa o meu ordenador.
Nina Rodríguez Pfister 4ºB
Publicar un comentario