sábado, 26 de febrero de 2011

Apadriña o Dador

Gustouche o libro, gozaches con el.  Entón… por que non o recomendas aos teus compañeiros, profesores, familiares…?  Por que non facemos que a comunidade creza?  Está na túa man que a  misión de Jonás sexa coñecida. 

Só tes que buscar lectores que queiran viaxar co Dador e que deixen a súa pegada no blog nun comentario.  
Apadriñas?

10 comentarios:

Asun Carballo dijo...

Grazas Sonia por recomendarme este libro.

Foi un pracer literario acompañar a Jonás na súa misión. É unha historia que fai pensar e que non nos deixa indiferente.

Grazas a todos os integrantes do club de lectura de 1º e 2º por facernos partícipes da vosa comunidade.

Helena dijo...

Moitas grazas a Manuel pola súa recomendación. Xa comecei a ler.
Eu recomendeillo á profe de primaria, Mónica.

Helena dijo...

Ola!
Onde están os lectores do club de lectura de 1º e 2º? Só facemos comentarios os que amadriñamos máis tarde. Manuel participa no blog, que eu xa cumprín.
Eu devorei o libro nun día. Estaba totalmente enganchada. Quería saber o final canto antes.
Encantoume, aínda que é un pouco forte ao principio.

Asun Carballo dijo...

Boa pregunta Helena!Parece que só estamos ti e mais eu!
Eu recomendeille o libro a Lucía, profesora de inglés de primaria.

Sonia dijo...

Non estades soas! Tedes que disculpar aos do club de lectura de 1º e 2º: están moi ocupados buscando novos lectores para O Dador... Pronto farán un detallado informe dos éxitos acadados.
No seu nome, grazas profes por aceptar tan xentilmente as nosas recomendacións.

MANUEL dijo...

Gustoume.Pero hai algunas cousas que non acabo de entender.

Antía dijo...

Xa me recomendaron varias veces o libro. Cando me acabe o que me estou a ler, terei que lelo.

Paula 1ºB dijo...

Yo he recomendado el libro ''El Dador'' a la madre de un compañero llamado Quique, también se lo recomendé a mi madre.Espero que les guste!

Elena dijo...

Le recomendé el libro a Juan (profe de Educación Física), a ver si se engancha como yo al Dador...
Elena (Plástica)

Javier 1ºB dijo...

jajajajaja yo creo que va a ser muy largo para mí