jueves, 10 de febrero de 2011

Non estamos todos. Isto só é unha representación.

Levamos un ano viaxando, soñando, vivindo e compartindo lecturas...
Esta aventura foi posible grazas a vós, aos que vos enganchades e gozades con cada libro.
Mais só estamos comezando, queda moito camiño por percorrer. 
Esperamos seguir contando con vós, aínda que sexa na distancia.
Grazas!

23 comentarios:

lidia dijo...

ohh!!
jeje...moi guapos todoss!!!
e...felicidades que estamos de cumpleee!!

Anónimo dijo...

A miña publicidade no tuenti o final fixo efecto, xa van 8200 visitas;) hai que seguir sumando!

Sabela Pena

Sonia dijo...

Compartir a viaxe aínda que sexa só por un tempo é emocionante. Logo vemos que os bos momentos(igual que os bos libros) perduran, deixan pegada en nós. O Librako ten vida grazas a todos aqueles que o alentan e o alimentan. Felicidades!!!

Miguel dijo...

Bueeeeno... pois demostrado queda!: TODO É POSIBLE.
O prometido é débeda, e eu tiña prometida e aínda pendente unha viaxe para encontrarme con todos vós, alumnos que fostes de 3º, e leais lectores que sodes do Librako.
Atopeivos crecidiños, guapos, alegres, serenos, con ollos sorprendidos (iso quería, unha sorpresa): RADIANTES. Parecía que non pasara o tempo, e sentinme acollido outra vez entre vós. Houbo algúns bicos, uns poucos abrazos e moitos SORRISOS, e houbo tamén un tempo compartido que, sen dúbida, soubo a moooooooi pouco.
Pero, dun modo ou outro (que diantres!), o que me gustaría dicirvos hoxe, aquí (hai mellor lugar?), agora, é que foi un verdadeiro GUSTAZO reencontrarse con VÓS!
Por suposto, NON ME ESQUEZO das caras amigas que me faltaron (Laura V, Bea S, Mamed… Vaia puntería a vosa!)… A vós dígovos que esta só era a penúltima vez; e espero que a seguinte… tamén o sexa!
Grazas!

Sara Álvarez dijo...

Si, foi un bo ano mentres estiven no club de lectura, este ano non vou porque non teño moito tempo.Pero que sepades que sempre entro no blog.

Sara Álvarez

Bea Sousa dijo...

Que rabia me deu non estar, de verdade!
Anda que non tería días para ir ao médico que xusto me coencidiu neste!
Agora eu quero outra visita... que me dan moita envexa os meus compañeiros!!
Miguel tiñas a todos os meus compañeiros emocionados, a primeira cousa que me dixeron todos ao falarme antes de Hola, xa foi que estiveras no colexio! Sen ninguna duda, esta será a noticia da semana :)
Xa que non te vin mándote un abrazo moi fortee polo librako!

Luis Miguel dijo...

Miguel !!!!! Cando estiveches por O rosal !!!!
Temos que coordinar as visitas ,-) , a Xente do Librako merece moitas ....
Un saúdo
Luis

Tamara Alonso dijo...

Jajajaja. Nos pensabamos que ías vir o día da reunión do Librako. Xa que, Asun ese mesmo día dixo: "A lo mejor viene antes de lo que os esperáis"

E eu, polo menos non te esperaba aquí, onte. ;)

Tamara Alonso 4ºA

Miguel dijo...

As distancias fanse máis curtas cando un abre este blog...

BEA, a próxima vez abrazo presencial!
LUIS, vai haber que facer unha quedada masiva!
TAMARA, vaia caras tiñamos todos. Que pena de foto!

Aínda me dura a emoción do luns! Foi unha experiencia para repetir!

Pero aquí vexo pouco ambiente de comentario...
Boto de menos a NINA, EVA, BRUNA, SHEILA, SABELA, PAULA, JAVI, SARA R, ELIA, PATRICIA P, PATRICIA RP, LAURA D, LAURA V, IRIA,IRENE C, GENMA, NOELIA R, NOELIA D, RAQUEL, "MAMÉ", BEA T, SANDRA, ANTÓN, NURIA, MARTA, ELSA,... Onde raios estades???!

É QUE ACASO NON IMOS BATIR O RECORD de comentarios nunha soa entrada no Librako???
O record so está en ¿¡40 COMENTARIOS de nada!?...

E por suposto, aos de 3º, contamos con vós!

A por el!

Bea Sousa dijo...

E mala semana para facer record de comentrios, xa que andamos cheos de exames!


Tamara, siii... ese día levamos un chasco eh? pero ao final veu antes do que esperabamos como dixo Asun, seguro que cuando comentou iso xa sabía o da visita sorpresa!

Asun Carballo dijo...

Esta é a entrada na que nos felicitamos porque levamos xuntos un ano nesta aventura... E vai a ser a que menos comentarios ten? Non o podo crer! A que esperades?

Grazas a Luis e a Miguel por deixar a súa pegada no blog!

Sara Álvarez dijo...

Miguel, a verdade e que a túa visita foi un éxito eh ! Ninguén o esperaba, pero gustounos moito a todos :D

Sara Álvarez

Anónimo dijo...

Miguel, elixes un mal momento para pedir comentarios... temos un montón de exames e cousas que facer!

E a ver se podes vir a algunha reunión, para recordar vellos tempos... ;)


Sheila Portilla 4ºA

Adán dijo...

Los de 3º también entramos en el blog!

Miguel dijo...

Mira que ir poñer os exames xusto na semana en que fun a vervos!
Moitas grazas polo voso comentario entre tanto exame!
Sheila, encantaríame estar con vós nunha reunión, pero a verdade é que resulta difícil ir a unha sesión pola semana desde tan lonxe... Igual a temos que facer a medio camiño!!

Bea Sousa dijo...

O de facer a sesión a medio camiño non parece unha idea escandalosa! estou segurísima que case todos os alumnos por non decir todos, nos encantaría! o problema e o transportee :S
Pero sería unha gran idea ja ja ja.

Mamed dijo...

Acabo de facer 9600 visitaas!!! jajaja
MIguel se t bota de menos. Que pena q non estiven o dia que viñaches

Miguel Abraira dijo...

E eu 9.645! Onde irán os 44 do medio?
Un abrazo Mamed!

Anónimo dijo...

Eses 44 son fruto de ter o librako coma páxina de inicio nos ordenadores da biblioteca jajajaja

Laura Villanueva

Laura Villanueva dijo...

Visto que Miguel bótame de menos e coa esperanza de superar ese corenta comentarios, deixo a miña pegada.

Felicidades atrasadas.

Espero que o librako siga medrando e que o ano que ven se permita a participación a moita moita moita distancia.
Quen sabe quizais o librako chegue a otro continente ;)

Laura Villanueva

Miguel Abraira dijo...

Ola Laura! Un comentario moi agudo! Por certo, parece que os teus plans de estudo vante levar a coñecer mundo... Xa vexo a Asun poñendo na marxe do Librako un mapamundi, deses que din con puntiños vermellos onde están as persoas que comentan ou entran no blog. O librako internacionalízase!

Merce dijo...

qué ledicia o que estades a conseguir entre todos!, se hai unha xuntanza coordinada contade comigo. Parabéns polo traballo, esforzo e gañas.

Asun Carballo dijo...

Grazas Merce por visitar o Librako e grazas polas túas palabras.
Estás invitada a compartir con nós unha xuntanza.