Propóñovos unha misión... Apadriñade "A mansión dos Pampín". Recomendade este cómic aos vosos compañeiros, á vosa familia, aos profesores... Eles lerano e deixaran a súa pegada no Librako.
Mais non hai esforzo sen recompensa…
Pronto o descubrirás!
Conto contigo?
Pronto o descubrirás!
Conto contigo?
25 comentarios:
Eu xa o apadriñei!
A Xemma, a profe de galego de 1º de ESO. Tamén se apunta á próxima sesión!
Eu tamén!
Recomendeillo a Sara Álvarez e vaino coller cando poda.
Tamara Alonso
Y Helena de informática también lo va a leer (;
Tamara Alonso
Si, si que o vou a ler.
Tamara sabe convencer moi ben, pero bueno a ver se o podo ler porque agora cos examens non hai moito tempo !!
Sara Álvarez
Ola. Son Carlos Villanueva, o pai de Laura.
Xa lin A Mansión dos Pampín.Pareceume un comic divertido que reflicte dun xeito corrosivo o peor do desastre urbanístico e cultural xenerado polos propios galegos, cegados pola codicia e o afán de querer sen quen non son.
Terrible si, pero o autor consegue sacarnos o sorriso ao mostrarnos as desventuras dos protagonistas.
O encanto que ten este cómic é que cando o estás a ler pasan pola cabeza imaxes, como si dunha película se tratase, de lugares, casas, pobos que todos coñecemos que semellan a vila dos Pampín.
Aos integrantes do club fíxonos pensar no escaso respecto que temos polo noso patrimonio histórico e cultural.
Grazas Carlos por compartir con nós esta lectura e deixar o teu comentario no Librako.
recomendeillo a un primo meu
e dice que entre estudos o intentara ler
Ola,
Ben amadriñada e animada por Asun xa lin o cómic, gostei pero quedoume un sabor un tanto amargo...
Sinto non ter chegado para a primeira cita, tentareino para a segunda; seguro que tedes comentarios moi interesantes.
Grazas Asun!
Xemma
Recomendado esta mesma tarde a un amigo que lee moito comic e este non o coñecía. Seguro que o disfruta !!!!
Saúdos, Luis Pérez Profe
Estades convidados á segunda cita!
Grazas a Xemma e a Luis por participar nesta aventura!
Le recomendé el libro a Martin.
Eu recomendeillo a Marta, unha amiga miña!
Irene Cerqueira
Nuria ya lo acabó antes de saber que había que "apradrinarlo"!Que chica más aplicada!
Santi también lo va a leer!
Iria
¡Bienvenida Iria al Librako! En pocas ocasiones podemos disfrutar de tus comentarios.
¡A ver si Nuria y Santi visitan el blog pronto!
Ola! Son Martín de 3B, apadriñei o libro por recomendación de Aurelio.
Martín, sei que habitualmente visitas o Librako. Grazas por deixar hoxe o teu comentario. Goza ca lectura deste cómic!
Eu recomendeillo a Patricia R. Calvo
Este cómic de "A mansión dos Pampín" lino o ano pasado co profesor de Sociais (Miguel) e esta moi ben, xa que te botas unhas moi boas risas.
Un espléndido alumno de 4ºC
Hola, soy Marta, amiga de Irene. Acabo de terminar de leer este cómic y me pareció bastante entretenido, la verdad. Es curioso el hecho de que , una herencia que prometía traer alegría, causa más problemas que otra cosa, quizás por sólo moverse por el dinero y los intereses propios, fue lo que se merecía esta familia.Y muy bien la sátira sobre los problemas burocráticos de la Administración gallega.
Cuanto comentario por aquí :) Así dá gusto entrar, este blog cada vez ten máis "vida". Encántame!!
Eu recomendareillo a Bruna,e espero que acepte a invitación!
¡Bienvenida Marta al Librako!
Este cómic es un reflejo de lo que pasa en muchas ocasiones en nuestros pueblos y ciudades.Nosotros hemos pensado lo mismo que tú. En nuestra reunión este tema suscitó un pequeño debate.
Gracias por pasar por aquí y dejar tu comentario.
Bea, por que non animas a Bruna a visitar o Librako? Invitámola a nosa próxima reunión!
Despois de escoitar, de rebote, unha conversa moi interesante na aula de informática. Decidín ler o libro.
A historia está ben. Reflicte ben a realidade.
Grazas Tamara.
Como di "espléndido alumno de 4ºC" (saúdos!), o ano pasado levei a lectura de "A mansión dos Pampín" ás nosas clases de Ética nese curso. Naqueles días, ademais de ler o cómic, vimos fotos e vídeos con moitos exemplos de feísmo e de maltrato á nosa paisaxe. E é certo, rímonos a esgalla... Pero ao tempo tamén aprendemos: días despois, moitos alumnos viñan a dicirme que descubriran grandiosos exemplos de feísmo... Para min, o mérito deste comic é o de facernos rir con cousas polas cales deberiamos chorar. Esa é a intelixente trampa á que nos leva o autor: baixo un disfraz divertido, "A mansión dos Pampín" devólvenos o cruel reflexo de nós mesmos. E lendo nel, aprendemos.
Eu recoendeilla a unha prima, pero di que lle da vergoña entrar no blog..!!
jejje
Publicar un comentario