martes, 30 de noviembre de 2010

Que día!!!


De novo xuntámonos os integrantes do club de lectura de 3º e 4º. Houbo moitas novidades: novo libro, novo espazo e novas incorporacións.



Porén hai detalles que é mellor non cambiar… Comentamos o libro, traballamos, recortamos, deixamos a nosa pegada no centro e edulzamos a tarde co bicoito.


A próxima cita será o día 22.
Temos moito que facer esa mañá e moito que dicirlle aos nosos compañeiros.

Agora só nos queda agardar e continuar a nosa lectura.

Tes ganas de repetir?

7 comentarios:

Alex de 3º dijo...

Oxalá que sexa a seguinte coma desta vez.

Asun Carballo dijo...

Está nas vosas mans... Na próxima sesión temos moito que facer e vós ides a ser os artistas...

Bea dijo...

Dádesme envexa...
Eu tamén quería quedar ese día e non puiden :(
pero xa me estiveron contando certos "plans" jajaja
e vai relacionado co de que sexamos artistas :)
Espero que chegue pronto ese día!!!

Irene Cerqueira dijo...

Saídes moi guapos! pois si bea, todos uns artistas! espero que a próxima vez poidas quedar con nos!

Bea dijo...

eu tamén espero poder quedar jajaja
malo será!!

Sara Rodríguez dijo...

Pois si, pasamolo ben! e o bizcocho estaba boísimo...mmmmm...pero estaría máis bo se o hubera acompañado cun zumo jijiji

Miguel dijo...

Que bos recordos me traen estas fotos!
Estaba lendo tranquilamente no meu libro, cando, ao chegar á páxina 34 do relato "La Metamorfosis", descubro que faltan ¡todas as páxinas ata o final!! Non estou enganado: remirei varias veces para asegurarme. Comería Gregorio nelas? Ou debo desconfiar do punto de lectura...
En fin, menos mal que xa lera este libro noutra editorial. Non sei a vós, valentes lectores, pero a min unha das partes que máis me gusta é a de cando a irmá e a nai de Gregorio póñense a baleirar o cuarto de mobles. Aproveitando un descoido, Gregorio trepa pola parede ata un cadro e decide quedar alí, coa barriga descansando no frío vidro do retrato. Gústame polo susto que leva a nai, polo cambio de actitude na irmá ao pensar que Gregorio quere botarse a elas, e, sobre todo, pola valentía do protagonista, que por un momento esquécese do seu aspecto para polo menos evitar que lle levaran aquela estampa do seu cuarto.
E a vós? Que parte vos pon do lado da cascuda?
Saúdos, librakos!