jueves, 18 de noviembre de 2010



Estás a piques de empezar a ler un libro. Reláxate. Concéntrate. Afasta de ti calquera outra idea. Deixa que o mundo que te rodea se esvaeza. A porta é mellor pechala; do outro lado sempre está a televisión prendida. 


Dío xa, aos demais: “Non, non quero ver a televisión!”Alza a voz se non te oen: “Estou lendo! Non quero que me molesten!”. Quizais non te oíron, con todo este balbordo; dillo máis forte, berra: “Estou empezando a ler A Metamorfose de Kafka!. Ou non o digas se non queres; esperemos que te deixen en paz.

Adopta a postura máis cómoda: sentado, tombado, anobelado, deitado. Deitado de costas, de lado, boca abaixo. Nunha cadeira de brazos, no sofá, na mexedora, na hamaca, no puf. Sobre a cama, naturalmente, ou dentro da cama. Tamén podes poñerte cabeza abaixo, en postura de ioga. Co libro invertido, claro.

A verdade, non se logra atopar a postura ideal para ler. Antano líase de pé, diante dun atril. Un estaba acostumado a permanecer en pé. Descansábase así cando se estaba canso de montar a cabalo. A cabalo a ninguén se lle ocorría nunca ler; e porén, agora a idea de ler no arzón, o libro colocado sobre as crinas do cabalo, quizais colgado das orellas do cabalo mediante unha gornición especial paréceche atractiva. Cos pés nos estribos deberíase de estar moi cómodo para ler; ter os pés en alto é a primeira condición para gozar da lectura.

Ben, a que esperas? Estende as pernas, alonga tamén os pés sobre un coxín, sobre dous coxíns, sobre os brazos do sofá, sobre as orellas da cadeira de brazos, sobre a mesa do té, sobre o escritorio, sobre o piano, sobre o globo terráqueo. 

Quita os zapatos, primeiro. Se queres ter os pés en alto; se non, volve poñelos. E agora non quedes aí cos zapatos nunha man e o libro na outra.

Regula a luz de xeito que non che fatigue a vista. Faino agora, porque en canto te teñas somerxido na lectura xa non haberá forma de moverte. Fai de xeito que a páxina non quede na sombra, un adensarse de letras negras sobre un fondo gris, uniformes coma un tropel de ratos; pero ten conta que non lle caia enriba unha luz demasiado forte que se reflicta sobre a crúa brancura do papel roendo nas sombras dos caracteres coma nun mediodía do sur. 

Trata de prever agora todo o que poida evitarte interromper a lectura.. Que falta aínda? Tes que facer pis? Ben, ti saberás.

(Adaptación e traducción de Si unha noite de inverno un viaxeiro do escritor italiano Italo Calvino)

20 comentarios:

alex de 3º a dijo...

xusto dixeste tal e como o faio eu e os mesmos sitios e todo xD jejeje

Miguel dijo...

"Adopta a postura máis cómoda: sentado, tombado, anobelado, deitado. Deitado de costas, de lado, boca abaixo (...) Tamén podes poñerte cabeza abaixo, en postura de ioga. Co libro invertido, claro".

Como Mina!!!!!

Anónimo dijo...

Asun, non sei ata onde teño que ler... E tampouco sei o día que nos reunimos. E que o outro día chegamos tarde ^^

Tamara Alonso

Asun Carballo dijo...

Tamara, quedamos o martes día 30. Se podes le a metade. É difícil marcar un límite neste libro. Creo que cando empezades a ler non poderedes parar.

Noelia D.I. dijo...

Asun.. este libro é unha adición.. xa bou na metade.. jajajaja..!!

Asun Carballo dijo...

Cando coñeces a Gregrio Samsa empezas a sentir o seu agobio e a súa tristura; e non podes parar de ler.
Alégrome que te guste e que estés a ler un sábado pola tarde!

Anónimo dijo...

Vale, Graacias :D

Sara Rodríguez dijo...

Pois eu a ver se comezo a ler...e que teño tantos outros diante e atrás deste...*¬*

Noelia D.I dijo...

E que cando un libro interesa non hai días...!!!
Jejeje
Anónomo olvidouse de por o nome...jajaja

alex de 3ºa dijo...

libro casi acabadoooooooooooo!

O Librako dijo...

Que ben!!!
E...que tal a lectura?
Que sintes ao coñercer a historia de Gregrio Samsa?

Anónimo dijo...

Pois eu ainda vou pola páxina 30 ou asi.. a ver se o dou acabado de aqui ao martes! Era o martes 30 o día que nos xuntamos non? a memoria as veces falla un pouco.. jaja.


Irene Cerqueira

Asun Carballo dijo...

Si, o martes 30 temos a reunión. Este fin de semana toca lectura.

alex de 3ºa dijo...

o libro e mui impactante pero o pobre gregorio samsa incrustaronlle una mazan nas costas pobreciño xD

Noelia D.I. dijo...

LIBRO TERMINADOO!
jajaja..primeira non?

Asun Carballo dijo...

Moi ben Noelia! A primeira que terminou!
Os novos integrantes do club chegan pisando forte!

Anónimo dijo...

q frikadaaa + guay!!!!

Anónimo dijo...

era bromaa jajaja!!!

O Librako dijo...

Quen eres anónimo?

Xa sabemos que o Librako crea expectación e curiosidade.

Alex de 3º dijo...

Acabeiiiiiiiiiiiiiii
Grrrr Adiantáronsemeeeeeeeeeeeeeeeee
Dá igual, aquí hai bo rollo!!