Esta viaxe polo mundo dos libros acabámola o día 10 visitando a biblioteca doutro centro.
O IES Auga da Laxe de Gondomar acolleunos no seu recuncho de lectura amosándonos como traballan e contaxiándonos o seu entusiasmo. Nós acabamos de empezar esta camiñada e eles tiñan moito que aportarnos.
Queremos agradecer a Concha e ao instituto a súa hospitalidade. Grazas pola súa dedicación. Esperamos que no curso que vén poidamos compartir momentos coma estes.
Grazas a todos, profesores e alumnos que participastes neste club, polo voso traballo e dedicación.
Grazas por crer neste proxecto e facelo posible.
Vémonos o curso que vén.
14 comentarios:
Para o ano temos que quedar a durmir un día no colexio...
Raquel
Así que vos gustou a idea que nos deron en Gondomar...
Siiiiiiiiii, estivo ben!!!
Miguel, vémonos po próximo ano?
Eva.
Eva! Non cho sei! Pero o que si sei é que...:
Aínda querendo vivir noutro lugar do mundo, quedaría contentísimo aquí o ano que vén só para poder estar de novo con VÓS. Polas clases, polas titorías, por este Club de Lectura, pola boa xente que sodes... Porque gañasteis o meu respecto e o meu aprecio.
Así que, estea ou non, que vai ti a saber a onde vou parar, unha cousa quedará clara e para sempre lexible, aquí neste librako:
No verán, no inverno, o ano que vén, ou dentro de dez anos... Vémonos SEMPRE que vós queirades! E estarei desexando saber de vós.
E eu o afirmo, e asino, e dou fe de que é certo. Amén.
Miguel.
Oh, Migueel que comentario tan BONITO...
Dende logo que a nos gustarianos que qedases no noso colexio, pero se non fose así, polo menos que nos fixeses algunha visita :D
Que grazas a ti e a Asun, isto foi posiblee.E agora mesmo so estou falando por min, pero estou segurisima que todos os menmbros do club de lectura estamos moi agradecidos por todo o que lograastendes facer...
Gustaríame moito que quedases no centro Miguel:D
Beea!!
A ti e a todos, Bea!!!
Miguel, un comentario ben bonito :D
E po ano, se non estás neste colexio, ESPERAMOS A TÚA VISITA!!!!
Eva.
Si bea.. creo que todos lles estamos agradecidos...
E iso, polo menos se non quedas fasnos algunha visita e amósaslles a nosa biblioteca aos teus novos alumnos, así aparte coñécennos e tamén miran o Rosal, que é ben bonito jajaja.
Nina
Nina
~ tedes razón, non pode marchar Miguel, botaríamolo m.o.i.t.o de menos! :(
~ Grazas Asun e Miguel polas tardes e o tempo que dedicástendes para que isto fose posible! Foi un ano cheo de sorpresas e momentos irrepetibles! :)
~Elia
Gracias a todos pola vosa participación e o voso entusiasmo. Foi moi fácil traballar neste club de lectura gracias a vós. E o estades demostrando ata o último momento.
Asun
Siisisisisii!!
Teeedes tooodos razón!:)
Pro ano que ven repetimos!!!!!!
Laura
Está clarooo Lauraa :D
Eva.
Eu volverei encantada :)
Pos eu tamen volverei :D
Bea
Publicar un comentario