sábado, 24 de abril de 2010

Así celebramos o Día do Libro

Este venres 23 de abril foi un día importante para todos os que nos gusta ler. Foi o Día do Libro. Nós celebrámolo lendo e comentando o pedazo de librako que nos está acompañando nesta aventura lectora.
Pero, non contentos con iso, tamén fixemos deste un Día das Palabras. Palabras que deixamos sementadas por todo o centro e que, a partir de agora, irán aflorando e estendéndose por cada recuncho, como unha primavera das linguas...
E é que as palabras e os libros da biblioteca, fartos de tan longo retiro, argallan unha feroz invasión... Preparádevos!


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Que ganas teño de ver o logo da biblioteca !!!! =D

Laura.V

Antón dijo...

Con tantas letras xa ten que estar currado, vai ser interesante. jeje

Anónimo dijo...

mira que bonito quedou o tú, jaja

Eva.