viernes, 5 de marzo de 2010

Un Río de Palabras inunda O Rosal


Nunha parede, nun farol, nunha columna, nunha porta... calquera sitio pode ser unha carta de invitación á lectura. E é que o mundo semella outro cando hai un bo libro de por medio!

Por iso, quixemos tender unha man á veciñanza sementando todo o concello do Rosal con pedaciños dalgunhas das nosas preferencias literarias. E, como non, o noso “cole” non podía quedar excluído deste Río de Palabras feito de carteis…

Búscaos, achégate, le, descubre, earrinca a túa tira de papel!
Onde menos o esperas, hai un libro agardando por ti…

0 comentarios: