miércoles, 10 de febrero de 2010

Xogo de pistas

¿Queres saber o libro que imos ler?

Para axudarche a adiviñalo atoparás, no taboleiro do Club de Lectura de 3º e 4º, pistas que terás que descifrar.
Cada día deberás agudizar algún sentido. Se segues estes pasos, darás co título que andas a buscar. A orde na que se irán deixando pistas será a que segue:

• MÉRCORES 10 - Le entre liñas
• XOVES 11 - Fíxate ben
• VENRES 12 - Descobre o obxecto.
• XOVES 18 – É o momento de escoitar (só no tempo de recreo)
• VENRES 19 - A pista definitiva (non a esquecerás facilmente).

En canto creas ter dado co título que buscamos, deposita na caixa unha papeleta na que figuren:

1. O teu nome e apelidos
2. O título do libro

Ao primeiro en adiviñar o título do libro, entregaráselle un PREMIO durante o recreo do venres 19 de febreiro.

1 comentarios:

Bea dijo...

Moi boa eleción co libro :D
Eu xa empecei a leelo e enganchoume moito...