viernes, 12 de febrero de 2010

Pista número 4

A pista de hoxe precisa de atención... e un par de orellas.
Para poder investigala terás que estar durante o recreo diante do taboleiro do Club de Lectura. Alí, poderás escoitar un misterioso son...
Pero por se a audición do recreo non fose suficiente, no Librako ofrecémosche a posibilidade de volver a escoitala cantas veces queiras.
Pon moita atención, porque esta é a penúltima pista.
Ánimo, o título do noso libro está moi cerca!

Fai clic aquí, para escoitar a pista nº 4

0 comentarios: