miércoles, 10 de febrero de 2010

Benvidos

Somos lectores. Buscamos libros, lémolos, vivímolos. Despois xuntámonos a debullalos, a falar deles, a revivilos, a compartilos e extraerlle todo o seu zume, antes de deixalos ir.... Ás veces, regalámolos en pequenas doses, sementándoos noutras vidas diferentes á nosa. Somos, en definitiva, un Club de Lectura.

Un Club, iso si, multiplicado por tres, pois ademais de lectores, somos tamén profesores e alumnos do CPI do Rosal. Estamos nun curruncho de Galicia, abaixo á esquerda, onde o Miño se torna mar…
E, desde hoxe, grazas a este blog, estamos tamén aquí, no universo desta rede infinita.

Estás no Librako.

0 comentarios: