viernes, 28 de marzo de 2014

Xuntanza dos lectores máis pequenos de secundaria

Os máis pequenos e os máis grandes porque co seu entusiasmo e dedicación souberon sacar o mellor de si nunha sesión chea de sorpresas. 

 Presidiron a sesión dous expertos na materia: Sonia e Miguel.


Espertaron o interese dos seus compañeiros.
 

Inventamos un idioma segredo igual que Bei-Fang e Lin-Lin, dúas irmás separadas por un destino pero unidas por un mesmo idioma.


E recibimos a visita de alguén moi especial, Sara unha das compañeiras que estivo no club durante varios anos. Unha das primeiras que puido gozar destas sesións.





Cada un deu o mellor de si para facer unha sesión diferente.

2 comentarios:

Asun dijo...

Grazas a todos por esta nova sesión. Da gusto ver a forza coa que veñen as novas xeracións.

E grazas Sara pola túa visita. É un pracer que volvades ao centro, á biblioteca e ao club.

Sonia dijo...

A verdade é que foi moi divertido...
Vendo esas caras de novo e lembrando toda esa contaxiosa enerxía, é inevitable sorrir. É estupendo sentir cómo enchen de vida o club.
Qué boas as fotos, Asun! Ata parecen pequenos anxos :)