Cada sesión é moi diferente porque acudimos con entusiasmo renovado. Cando temos diante un bo libro dámolo todo. E esta novela o merecía. Mergullámonos nela da man de catro temas: a inocencia, o honor, o racismo e a empatía.
E este esforzo merecía unha boa recompensa. O noso compañeiro de lectura, Boo Radley, deixounos un agasallo nunha das árbores máis próximas á nosa biblioteca.
El sabía que hoxe estariamos alí.
Son moitas as leccións que aprendemos con Scout, Jem, Din, Ton ... durante estas semanas. Volveremos a atopalos proximamente na pantalla de cine. Mentres tanto nos quedamos coas palabras de Atticus que se esconden neste Librako:
“Una vez nos
dijo que uno no comprende de verdad a un hombre
hasta que se pone en su pellejo
y se mueve como si fuera él”.
Matar a un ruiseñor, Harper Lee
2 comentarios:
Na vila da autora, Monroeville representase "Matar a un ruiseñor" con actores amateurs. DEixovos o enlace por se é do voso interes
http://ngm.nationalgeographic.com/ngm/0601/feature8/?fs=www3.nationalgeographic.com
Moitas grazas Jose por compartir este enlace con nós.
Publicar un comentario