"Tes que cavar un burato todos os días, incluíndo sábados e domingos..."
Stanley e os seus compañeiros cavaban un burato de un metro e medio de profundidade e un metro e medio de diámetro. Pero nós non fomos tan estritas.
Iso si... Antes de chegar á zona onde se atopan os buratos, o noso alumnado tivo que realizar una serie de probas.
Responderon preguntas sobre o libro...
Inventaron unha coreografía do campamento...
Fixeron declaracións de amor, con dote incluído...
Pintaron os beizos coa barra de Kate Barlow...
E comeron Sploosh, sen utilizar as mans...
Con todas as probas superadas, chegou o momento do premio...
CAVAR UN BURATO
CAVAR UN BURATO
Tiveron máis sorte que Stanley, Zero, Imán, Sobaco... A terra estaba un pouco máis branda.
E, por fin atoparon o tan prezado tesouro...
Pero non era a maleta de Stanley Yelnats.
Era unha lata cheíña de lambetadas!
Como bos compañeiros de campamento e lectura, compartiron este doce achado!
0 comentarios:
Publicar un comentario