sábado, 25 de abril de 2020


             ESPECIAL DÍA DO LIBRO

                
              
   O Club dos Martes quere celebrar este

 día tan especial dándolles vida ás 

carátulas dos libros



        Desexamos que vos gusten

       

Infamia




                       INFAMIA  


O Club dos martes segue en marcha malia o confinamento

   


  Ao non poder celebrar o encontro,
 O club dos Martes decidiu facer xuntanza de audios coas súas opinións sobre o libro de Ledicia Costa



E estas son algunhas das nosas reflexións


  •  As personaxes do libro chamáronme moito a atención, todas marcadas por acontecementos da súa infancia.
  • Temas de actualidade, como a sexualidade de Noel.
  • Novela angustiosa, con moita escuridade, cuns personaxes moi inestables pola culpa , a vergoña e iso non lles deixa levar unha vida tranquila emocionalmente.
  • Consegue manter o lector con esa tensión a flor de pel e atrápao de principio a fin.
  • Amosa as miserias máis noxentas do ser humano. Os cortes máis dolorosos son os que non se ven. 
  • Un libro maxistral que dá moito para debater.
  • Desde o primeiro momento, o desacougo que transmite o libro é brutal. Nada dá máis medo cá realidade.
  •  O título, Infamia, fai referencia a todo o que vai acontecer na novela, na que se tratan temas moi presentes na sociedade actual, como a corrupción, o abuso de poder, a violencia física e psicolóxica, a pederastia...
  • Esa néboa e esa chuvia que aparecen durante o relato, van creando un ambiente gris e húmido. 
    

  Infamia    Fantasmas   Silencio    Ambiente que afoga   

     
     Final aberto, sen rematar, que queda no aire   

  
                       O noso seguinte libro vai ser
           
        NO SOY UN MONSTRUO, de Carme Chaparro          


viernes, 21 de febrero de 2020



                   ÁFRICA EN EL CORAZÓN



O Club dos Martes reuniuse de novo o 18 de febreiro para charlar sobre o libro de Mª Carmen de la Bandera.



Diko é de Camerún, concretamente dowayo.


africa en el corazon-maria del carmen bandera gomez-9788483431436
Emigración
            
       Os nenos soldado

                     A vida na tribo

    Na voda da súa nai o seu avó ofreceu 15 cabras

                        A morte da súa nai

     O pouco valor da muller

              A dura viaxe ata España 

O estreito e as mafias

        A morte ao seu redor

 O bo samaritano que o acolle 



Esta sesión foi moi diferente, escoitamos a CHAMBAO (Papeles mojados) e a SKA-P (Niños soldado). Moi apropiado para o tema do libro.



A nosa vindeira sesión vai ser o 27 de Marzo con LEDICIA COSTAS  para charlar do seu libro INFAMIA. Un encontro de Clubs do Baixo Miño.

Grazas a todas polos bos e inolvidables momentos que nos facedes pasar. E como di unha integrante do noso club " Estou IN LOVE con este grupo".







         
  
        

lunes, 20 de enero de 2020



         O CLUB DOS MARTES NO 2020

       O Club dos Martes entramos no novo ano con moita ilusión

 

Este martes 14 de Xaneiro voltamos das festas e cada unha falou do libro que lle tocou durante estas vacacións de Nadal.


O 20 de Decembro antes do Nadal tivemos una cena-reunión para compartir momentos.



Sempre estamos con ganas de vernos e compartir charlas e merendas xuntas. Os libros resultaron interesantes e cada unha compartiu coas demais os seus gustos persoais polos libros.


A nosa seguinte lectura vai ser

 “África en el Corazón” 
de Mª Carmen de la Bandera.

 Un libro moi sensible 
e que espero que lle guste a 
todas.

domingo, 12 de enero de 2020

No club de lectura da ESO despedímonos de George para comezar ca nosa seguinte experiencia literaria.


No pasado xantar literario, do club de lectura O Librako, puxemos en común as nosas impresións sobre o desenlace da novela George. Falamos da evolución do personaxe e de como afrontou a súa identidade de xénero nun contexto non sempre favorable. 


Coas nosas impresións e coa aprendizaxe recibida creamos un mural co que poder compartir co resto da comunidade educativa a impronta que deixou en nós a novela.

Deste xeito, despedímonos de George e pechamos a nosa primeira andaina literaria. Adentrámonos agora na seguinte coa lectura de 22 segundos de Eva Mejuto. 

Pronto informaremos sobre a data do próximo encontro.

Feliz lectura! :)




domingo, 24 de noviembre de 2019

Primeiro xantar literario do club de lectura da ESO


O club de lectura O Librako celebrou o pasado mércores 13 de novembro o seu primeiro xantar literario!! Unha pizza deliciosa e George, a nosa lectura, deixáronnos moi bo sabor de boca.





Vémonos de novo o mércores 4 de decembro para conversar sobre o denselace da nosa novela!!






Feliz lectura! 😃





viernes, 15 de noviembre de 2019





    O Club dos Martes e o Enderezo Descoñecido


           Este martes 12 de Novembro tivemos a sesión do Club de lectura para falar do  libro Enderezo descoñecido.




           As impresións que causou en nós o libro foron moitas e deixaron pegadas:
·         
                                                            Canto se pode dicir cunhas pequenas cartas.

          Por que unha boa persoa cambia por crer na creación dunha nova nación e dunha raza pura.

                                      As amizades fortes tamén se rompen polas ideoloxías.


 Como Alemania non soubo ver todo o que ocorreu despois con ese nacismo incipiente.

                                Os actos sempre teñen consecuencias.

                                      Que nos aportan os amigos na nosa vida.

            Como afectan as guerras nas persoas, familias, veciños...

             


  Nesta sesión tamén compartimos libros para ler. Cada unha trouxo un libro                envolto en papel de periódico como se fose un agasallo para compartir coas demais.



                        
 E como di unha das nosas compañeiras de lectura:
         
     “Un placer compartir con todas vos tan boas lecturas e momentos”.





                                        Desfrutade das lecturas!


                              A nosa próxima xuntanza será o 14 de Xaneiro.



martes, 5 de noviembre de 2019

Recordade, vémonos o vindeiro mércores 13 para o noso primeiro xantar literario do curso.



lunes, 28 de octubre de 2019

O Librako comeza a súa andaina lectora deste curso!!

Como xa sabedes, o Librako da ESO comeza o seu percorrido un curso máis co obxectivo de compartir o deleite pola lectura a partir dunha selección de obras cuxa temática traballaremos de maneira conxunta.  

Comezamos a nosa andaina literaria coa primeira das lecturas: George de Álex Gino, novela que non vos deixará indiferente ao afondar, con gran sensibilidade, na realidade do colectivo LGTBIQ a partir da historia de George e o seu conflito de identidade sexual. 

Desde aquí, invitámosvos a gozar da lectura e convocámosvos ao primeiro Xantar literario deste curso que terá lugar o mércores 13  de novembro. Nesta sesión compartiremos as nosas primeiras impresións e os nosos coñecementos en materia de identidade sexual. Ademais, aproveitaremos para facer entre todos e todas un mural co que presentar a lectura ao resto da comunidade educativa e así colaborar coa iniciativa do colectivo VIA. 

Vémonos o mércores 13, ás 14:30 na biblioteca.

Feliz lectura :)