Como xa sabedes, o Librako da ESO comeza o seu percorrido un curso máis co obxectivo de compartir o deleite pola lectura a partir dunha selección de obras cuxa temática traballaremos de maneira conxunta.
Comezamos a nosa andaina literaria coa primeira das lecturas: George de Álex Gino, novela que non vos deixará indiferente ao afondar, con gran sensibilidade, na realidade do colectivo LGTBIQ a partir da historia de George e o seu conflito de identidade sexual.
Desde aquí, invitámosvos a gozar da lectura e convocámosvos ao primeiro Xantar literario deste curso que terá lugar o mércores 13 de novembro. Nesta sesión compartiremos as nosas primeiras impresións e os nosos coñecementos en materia de identidade sexual. Ademais, aproveitaremos para facer entre todos e todas un mural co que presentar a lectura ao resto da comunidade educativa e así colaborar coa iniciativa do colectivo VIA.
Vémonos o mércores 13, ás 14:30 na biblioteca.
Feliz lectura :)
0 comentarios:
Publicar un comentario