INFAMIA
O Club dos martes segue en marcha malia o confinamento
Ao non poder celebrar o encontro,
O club dos Martes decidiu facer xuntanza de audios coas súas opinións sobre o libro de Ledicia Costa
E estas son algunhas das nosas reflexións
- As personaxes do libro chamáronme moito a atención, todas marcadas por acontecementos da súa infancia.
- Temas de actualidade, como a sexualidade de Noel.
- Novela angustiosa, con moita escuridade, cuns personaxes moi inestables pola culpa , a vergoña e iso non lles deixa levar unha vida tranquila emocionalmente.
- Consegue manter o lector con esa tensión a flor de pel e atrápao de principio a fin.
- Amosa as miserias máis noxentas do ser humano. Os cortes máis dolorosos son os que non se ven.
- Un libro maxistral que dá moito para debater.
- Desde o primeiro momento, o desacougo que transmite o libro é brutal. Nada dá máis medo cá realidade.
- O título, Infamia, fai referencia a todo o que vai acontecer na novela, na que se tratan temas moi presentes na sociedade actual, como a corrupción, o abuso de poder, a violencia física e psicolóxica, a pederastia...
- Esa néboa e esa chuvia que aparecen durante o relato, van creando un ambiente gris e húmido.
Infamia Fantasmas Silencio Ambiente que afoga
Final aberto, sen rematar, que queda no aire
O noso seguinte libro vai ser
NO SOY UN MONSTRUO, de Carme Chaparro
0 comentarios:
Publicar un comentario