| Os lectores do club reunímonos de novo esta tarde. |
| Álex e Hadrián foron os encargados de guiar a sesión. |
| Comezamos cubrindo no noso taboleiro "Marcando a diferenza". |
| Lemos os cinco motivos para ler poesía de Fran Alonso. |
| Escoitamos poesía da rede. |
| E escoitamos poesía na sala. Marcos fixo un poema para esta ocasión. |
| Despois de escoitar decidimos poñernos a escribir. A partir de tres versos de Fran Alonso creamos os nosos poemas. |
| E para rematar, Álex leunos o poema orixinal. |
Vémonos na próxima reunión!



0 comentarios:
Publicar un comentario