Este está sendo un bo ano para os lectores de A Quinta dos libros. Os integrantes deste club queremos festexar ás boas novas que recibimos estes meses. Mañá marchamos de ruta literaria. Imos a Rianxo, municipio onde recollemos fai uns meses o Premio Irmandade do Libro. E de volta pararemos en Gondomar. Queremos visitar unha libraría moi especial para nós. Alí os rapces deste club terán unha misión moi especial: poderán mercar novos fondos para a nosa biblioteca. Serán eles os que decidan cales serán as seguintes novidades.
Boa viaxe lectores!
2 comentarios:
Nunca pensei que diría isto nun día de semana durante o curso pero... Estou desexando que soe o despertador para emprender a nosa viaxe!
Cóntovos un segredo... Para min é un dos días que máis me gustan. Agardo con moitísimas ganas a saída do club de lectura.
Publicar un comentario