Comecemos polo final. Chegas á última páxina despois dunha conmovedora
viaxe polas montañas Apalaches. Necesitas contarlle aos demais que atopaches
unha lectura diferente e especial. E tes ganas de saír a buscar esas grandes
montañas que te acompañaron durante a lectura.
Montañas Apalaches |
Esta novela fai que sentas que
estás vivo por dentro. Esperta a emoción porque descobres a inocencia do neno protagonista, a
súa forma de ver a vida, o amor aos seus avós. E remove os teus
sentimentos, faite rir e incluso chorar. Benvidos lectores ao mundo de Pequena Árbore.
Fotograma da versión cimetatográfica El pequeño Cherokke (1991) |
É unha novela de amor...
Pequena Árobre é un neno cherokee adoptado polos seus avós ao quedares orfo aos 5 anos. O seu avó descóbrelle a arte de facer whisky e a súa avoa as obras de Shaskepeare. Móstranos como debería ser a vida en contacto coa natureza. En fin, móstranos a maneira de ser felices.
É unha novela de contrastes...
Entre as montañas cherokees e os habitantes da aldea máispróxima.
É unha novela que descobre...
o significado da amizade, da confianza, da tolerancia, do respecto...
É unha novela que ensina...
“Pequeño Árbol, si no conoces tu pasado, no tendrás futuro”.
É unha novela que ensina...
“Pequeño Árbol, si no conoces tu pasado, no tendrás futuro”.
0 comentarios:
Publicar un comentario