Dende o primeiro minuto da película a música e a imaxe se conxugan. As primeiras notas de piano reflicten o mundo infantil que se vai notar en toda a historia xa que toda a trama está narrada desde o punto de vista dos nenos. O son do piano, das frautas, da arpa... describen o entorno da infancia, inocente, aínda non contaxiada pola crueldade humana.
Unha peza esencial desta obra cinematográfica é Elmer Berstein, un dos grandes compositores de música para o cine.Se premes na foto poderás descubrir máis curiosidades sobre a música desta gran película.
0 comentarios:
Publicar un comentario