O pasado venres tivemos a nosa última sesión do club!
Volveremos o próximo setembro!
A sesión tivo lugar ceando... Con lapexada e boa compaña! O último libro, El abrazo del sauce de May Ferreira, gustounos moito e destacamos... A derradeira carta que a protagonista lle adica a súa filla!
A reunión das veciñas larapeteiras arredor do camión do peixe!
A vida entregada aos demais!
O amor perdido e reencontrado no tempo!
A emigración e inmigración presentes no libro!
A sombra do salgueiro leva a historia de principio a fin!
En setembro retomaremos as parolas compartindo lecturas e merendas!
O venres, 31 de maio, varios clubs de lectura do Baixo Miño, entre eles o noso Club dos martes, o Club de lectura de adultos do IES Alonso Ríos de Tomiño e o Club de lectura Chocolate con libros de Goián fomos de ruta literaria con Puri Ameixide...
Falounos do seu libro Claro de lúa, ambientado na Guarda e explicounos porque os franceses intentaron atravesar o Miño por esta zona sucumbindo todas as embarcacións excepto unha... A ruta comezou no Parque de Pías onde intentaron facer unha ponte coas embarcacións, pero a crecida do río acabou con toda a construción sen estar case empezada. Continuamos polo cámping, onde nos contou que a cabalería quedou na antiga igrexa de San Roque e non chegou a entrar na Guarda. Alí propúxonos un xogo e agasallounos cun marcapáxinas relacionado coas personaxes do seu libro! Dirixímonos á Pasaxe, onde se colle o transbordador. Repartiunos varios poemas en diferentes cores do libro Catro a Catro de Manuel Antonio que fomos lendo. E daba iguala orde na que os leses... Sempre tiñan sentido! E por último, acabamos na praia do Muíño falando coa autora e gozando dunha merenda cea nun restaurante da zona. Espero que o resto quedasen embriagadas coma nós desta Quasi unha fantasía... Outro título que a autora lle deu ao seu libro! Se queredes ver un vídeo onde se resume a nosa experiencia podedes entrar a través da seguinte ligazón, Paseo literario: Claro de lúa
Celebramos a última xuntaza dos clubs de lectura do Baixo Miño cunha saída de dous días...
Rutas literarias...
Visita á biblioteca pública Juan Compañel e MARCO...
Contamos historias!
O venres pola mañá, gozamos coa presencia de Ledicia Costas... Percorremos os lugares que aparecen no libro Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta Vigo atendendo as explicacións da autora!
Ese día pola tarde, na Residencia de Tempo libre de Panxón, a partir de imaxes do libro Los misterios del señor Burdick de Chris Van Allsburg, contamos historias...
O sábado pola mañá, fixeron a ruta da praia dos afogados a partir dunha actividade onde tiñan que realizar unha serie probas...
Grazas a todos os clubs por estes días tan especiais!
Onte celebramos o II encontro dos Clubes de Lectura do Baixo Miño!
Compartimos un xantar no noso centro!
E marchamos ao auditorio do Rosal e, aproveitando que todos os clubes lemos A praia dos afogados de Domingo Villar, gozamos coa proxección da película baseada nese libro.
Un blog para ti, que che gusta viaxar, sorrir, imaxinar, soñar, vivir... Un blog para nós, que nos gusta ler. Un blog para compartirmos libros e lecturas.
Benvido aos clubs de lectura da biblioteca A Quinta dos libros!