miércoles, 1 de junio de 2016

Sete anos de lecturas e de encontros



Pecho os ollos. Quedo sumida no silencio. Lembro. Busco recordos. Sete anos de historias, de lecturas, de encontros dan para moito. É difícil resumilos nunha soa imaxe. Son moitas caras, moitas voces, moitos sorrisos que me recordan a cada un de vós, os compañeiros que estiveron ao meu carón durante todo este tempo neste club.


Grazas aos profesores que creron neste proxecto dende o primeiro momento e se embarcaron nesta andaina sen medo e con valentía. Tamén aos que viñeron despois e souberon subirse á barca sen perder o rumbo. Grazas á miña compañeira infatigable de aventuras e loucuras, sen ela sería máis difícil levar o temón. E grazas, por suposto, a todos os que leron comigo e me descubriron outro xeito de compartir as historias.


Sería interminable a lista porque son moitos os que pasaron por este club de lectura. Gustaríame dicir o nome de cada un para que saibadades que aínda me lembro de vós, dos primeiros e dos últimos. Quixera abrazarvos a cada un e dicirvos que hoxe máis que nunca estou orgullosa de ser do Librako.


Comezo unha nova etapa na miña vida profesional pero sempre haberá un oco no meu corazón para todos os que compartiron comigo este club.
Unha aperta moi forte.
Asun Carballo

4 comentarios:

Alumno Orgulloso dijo...

Sen ti o Librako non hubera existido e sen el tampouco se hubesen creado os miles de momentos cando liamos aqueles títulos. Eres grande Asun.

Sonia dijo...

Sé que somos muchos los que nos sentimos orgullosos de formar parte de O Librako. Todos estos años dejaron en nosotros recuerdos de momentos muy especiales, incluso llenos de magia, y siempre celebramos ese tiempo compartido con alegría y también con nostalgia.
Disfrutamos tanto, verdad Asun? Ahora quedamos condenados irremediablemente a echarte en falta, a sentir tu ausencia... Tú, que eras, eres, guía y luz a seguir, que contagias entusiasmo e ilusión, que día a día creas las condiciones para que la vida palpite a tu alrededor...
Un día te dije que te seguiría al fin del mundo y también que muchos de mis mejores momentos de estos años los he vivido contigo. Ambas cosas son ciertas.
Te doy las gracias y te deseo toda la suerte que mereces en tu nueva etapa profesional.
No te vas, Asun. Eso es imposible. Te quedas en nosotros.

Miguel Abraira dijo...

Lembro con sorriso feliz e cun cariño infinito aquel ano no Librako. Foi o primeiro; tiven esa sorte. Caín nese momento máxico no que sentes que comeza unha revolución e notas como a luz se abre paso, implacable e renovadora: biblioteca nova, proxectos de formación, club de lectura, blogs, desembarco en redes sociais... Aquel centro estaba estoupando como unha flor de primavera. Como para non unirse!
Recordo como naceu a idea de facer os clubes de lectura, o día que os distribuímos, o blog, a elección do seu nome, o deseño da páxina, a mensaxe de benvida (“un blog para ti... un blog para nós, que nos gusta ler”) e as primeiras entradas e comentarios dun blog que é historia viva do Rosal. Lembro as reunións nas que argallábamos como tender trampas para atrapar a atención dos rapaces: a elección da primeira novela que limos xuntos (“Drácula”, lembrades?), o xogo de pistas para descubrir o título que iamos a compartir, a chegada dos libros, a emoción intensa da primeira sesión, as siluetas de morcego voando por todas partes, os puntos de lectura con forma de vampiros que mordían a páxina,... e sobre todo os sorrisos dos estudantes que, en vez de marchar á súa casa, preferían quedarse no centro, comendo un bocata, porque non querían perderse aquilo que vivíamos polas tardes, nas sesións do club.
Despois, co tempo, coas mil horas de traballo e ilusión que todos puxemos nese proxecto de renovación en beneficio duns rapaces e familias que alucinaban cos cambios, fun entendendo que todo o que estaba pasando, estaba pasando porque estaba ela. A chave era Asun. Por suposto, todos aportábamos e axudábamos, pero había unha persoa que organizaba e movía toda a engranaxe, que nos coordinaba a todos, que daba a cara cando xurdían problemas, que facía de amalgama en todo momento e que sabía coidarnos para que pagase a pena cada hora de máis que o proxecto esixía. Foi ela a que soubo guiar isto ata convertelo nunha fórmula de éxito, que acabou incluso espertando o interese doutros centros e profesores de toda Galicia.
Así que si. Este pode parecer un momento triste para o Librako. Pero non. Porque os que somos parte del, sabemos que neste proxecto que empezou con Asun, non hai lugar para a tristeza. Moi ao contrario, estou seguro de que o que todos sentimos é orgullo e alegría. A infinita alegría de telo vivido con ela.
Cando as persoas fan cousas grandes, non se van, niso estou con Sonia. Quedan en nós. GRACIAS, Asun.

Elia dijo...

Yo también estoy orgullosa de haber formado parte de O Librako, pero sobre todo, de haber contado con la oportunidad de haberlo compartido contigo.

Es por eso que envidio a muchos de los alumnos con los que ahora te tocará lidiar, y espero que sepan aprovecharlo. Pero ya no hablo de tu profesionalidad y de lo mucho que nos has enseñado, sino de la fuerza y las ganas que nos has sabido transmitir a todos.

Yo en concreto tengo mucho que agradecerte, por haberte convertido en un modelo a seguir y por haberte implicado tanto. Por las charlas, los consejos que tiempo después entendí realmente, por tanta ayuda, confianza y apoyo incluso después de que nos “hubiera tocado despedirnos” hace ya algunos años. Fue un placer haber coincidido en este pequeño rincón; siempre me he sentido identificada contigo, y te agradezco infinitamente todo tu esfuerzo y la alegría que siempre has llevado por donde pasas.

Hasta siempre.
Elia