lunes, 11 de enero de 2016

E chegou o gran día


A cita de hoxe era moi esperada para todos nós. Despois de ler ESTO E ESO chegara o momento de coñecer ao seu autor. Esta mañá foi o gran día no que falamos de poesía, dos poetas, das lecturas, da vida, dos sentimentos... 

As palabras guiaron a sesión mesturadas coa maxia, a ilusión, a sorpresa e a admiración dos alí presentes. Pero déusenos a pouco o rato que pasamos xuntos, quedamos con ganas de máis.

Un pracer compartir esta sesión con Raúl Vacas.
Grazas pola túa visita.

0 comentarios: