miércoles, 20 de marzo de 2013

"Un radiante silencio"

Como puidera pasar tantos anos ignorando un poema así? E, seguramente, como lle ocorrera co anterior, dentro do libro agardaríana outros poemas tan memorables coma aquel. Unha festa, unha fervenza de palabras e emocións que habían de axudar a diluír os fríos cristais da súa asfixiante torre.
Un radiante silencio en O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz




Así iniciamos esta nova etapa do club: lendo, escribindo e invadindo. Desta vez foi este relato de Agustín Fernández Paz o que nos achegou á poesía e ao tema sobre o que xirarán os novos libros: o AMOR. Todos os días Sara sae da súa rutina visitando unha pequena libraría na que lle agarda un agasallo: unha tarxeta alongada que tiña por unha das súas caras uns poucos versos escritos a man. Nós tamén queremos compartir cos nosos compañeiros os versos que escollemos para que saían da súa feliz rutina.

2 comentarios:

Ainhoa Álvarez dijo...

Foi unha boa reunión. Para cando a próxima? Algúns xa estamos rematando de ler os cinco relatos de 'O único que queda é o amor'.

Asun dijo...

Temos que esperar aos compañeiros de 4º para a próxima reunión. Non sei se aguantaremos...
Ainhoa, serás capaz de non ler máis?