martes, 20 de diciembre de 2011

Chegamos ao noso destino

Hoxe foi un día especial, deses que o seu recordo debuxa un sorriso na túa cara. A biblioteca inundouse pola mañá de ilusión, amor, cariño... ca lectura de Taller de corazóns e pola tarde acolleu a última sesión deste ano do club de lectura. Quen sabe se Matías deixou un anaquiño do seu corazón nalgún estante da nosa quinta!


Inmersos na lectura continuamos coñecendo as aventuras de Sara e viaxamos con ela por Manhattan. Chegamos ata a estatua da Liberdade, a gran dama de ferro que vixía a illa e dende hoxe tamén o noso centro...



 

E ao final do recorrido tivemos unha gran visita, unha das integrantes do club de lectura a distancia. Grazas Bea por compartir con nós esta reunión!


 E grazas a todos por participar neste día especial!

5 comentarios:

Anabel dijo...

Que been o pasamos!!
Hai que repetir :)

Asun dijo...

Sabedes un segredo? Unha das cousas que máis me gusta do club de lectura é que cada reunión é diferente. Sempre facemos o mesmo: comemos, lemos, traballamos, rimos, cotilleamos... Pero cada sesión é distinta.

Bea, foi un pracer compartir contigo esta tarde. Grazas por vir!

Sofia Santos dijo...

Estou ansiosa de que haxa outra reunión....cando será???

Vanessa dijo...

Buf , esta sesión gustoume moitísimo!
Espero que despois das vacacións haxa unha pronto e tamén que veñan todos os do club e por suposto Elena que esta vez non puido vir :(
Grazas por esa tarde de verdade :)
Unha aperta.
Bo Nadal e feliz ano :)

Aarón dijo...

Eu volvinme a olvidar de ir :(

A ver se para a próxima me lembro.